mércores 13.11.2019
Nesta terceira convocatoria formativa para xóvenes estiveron representados 7 concellos

Entrega de diplomas aos alumnos do terceiro obradoiro xuvenil da Mancomunidade

Os 15 alumnos do Obradoiro de Emprego Xuvenil organizado pola Mancomunidade de Municipios de Verín recibiron este venres, no salón de plenos do Concello de Verín, os diplomas acreditativos de remate da súa formación. 8 deles participaron no módulo para Auxiliar de Atención Socio-Educativa de Menores. Os outros 7, formáronse en habilidades para a Axuda no Fogar.

Os quince alumnos cos representantes públicos e cadro docente, diante da Casa do Concello de Verín.
Os quince alumnos cos representantes públicos e cadro docente, diante da Casa do Concello de Verín.

O salón de plenos do Concello de Verín foi o escenario escollido polo presidente da Mancomunidade de Municipios, José Luis Suárez, para facerlle entrega aos 15 alumnos do Obradoiro de Emprego Xuvenil que este venres se clausurou dos diplomas que os acredita formados en Axuda no Fogar e en Atención Socio-Educativa de Menores. No acto, ademáis dos xóvenes dos diferentes Concellos que integran a Mancomunidade, estaban presentes o alcalde de Cualedro, Luciano Rivero, e o de Laza, José Ángel Barreal Novo. Ademais, acudiron por parte da Xunta de Galicia, Santiago Álvarez, xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense e Rodrigo de Luis, o xefe do Servizo de Emprego.

Interviron no acto o presidente da Mancomunidade, José Luis Suárez, para darlle a benvida aos asistentes e desexarlles sorte na súa incorporación ao mercado laboral aos alumnos, e tamén Santiago Álvarez, quen destacou que o "o obxectivo deste Obradoiro é capacitarvos para o emprego, hoxe non rematades, hoxe empezades, e debedes sentirvos orgullosos porque ademais da formación que xa tedes, poderedes poñela en práctica exercendo a vosa ocupación axudando á xente que máis o precisa (VER VÍDEO)".

manco2

Logo do acto de entrega dos diplomas, todos os intervintes -alumnos, cadro docente, responsables autonómicos e alcaldes presentes- fixeronse a foto de familia de rigor ás portas do Concello de Verín.

Entrega de diplomas aos alumnos do terceiro obradoiro xuvenil da Mancomunidade
comentarios