xoves 17.10.2019

A película 'Dumbo' proxectarase no cinema municipal.

A adaptación do famoso elefante de Disney chega á vila verinense os días 5, 6 e 7 de abril no Salón de Actos da Casa da Cultura.

Cartel do filme Dumbo.
Cartel do filme Dumbo.

Durante os días 5, 6 e 7 de abril, o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película “Dumbo” no
Salón de Actos da Casa da Cultura. O horario é o seguinte:

• Venres, 5 de abril: pases das 19:30 h e 22:00 h.
• Sábado, 6 de abril: pases das 17:00 h, 19:30 h e 22:00 h.
• Domingo, 7 de abril: pases das  17:00 h, 19:30 h e 22:00 h.

As entradas estarán dispoñibles en taquilla 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura.


DUMBO ( Reseña de FILMAFFINITY)​

Apta para tódolos públicos. Duración: 111 minutos.


Holt Farrier (Colin Farrell) conta coa axuda dos seus fillos Milly (Nico Parker) e Joe (Finley Hobbins) para coidar a un elefante recén nacido cuxas orellas xigantes fan que todos se burlen del nun Circo que non pasa polo seu mellor momento. A familia circense de Holt inclúe ademais á señorita Atlantis (Sharon Rooney), Rongo (DeObia Oparei), Pramesh Singh (Roshan Seth) e seu sobriño (Ragevan Vasan), A grandiosa Catherine (Zenaida Alcalde) e o magnífico Iván (Miguel Muñoz). Max Medici (Danny DeVito) dono do circo, decepciónase ao saber sobre as enormes orellas do pequeno paquidermo ata que descobre que é capaz de voar, levando ao circo de regreso á prosperidade.

A película 'Dumbo' proxectarase no cinema municipal.
comentarios