Martes. 19.03.2024
CARTEL CINE 22, 23 e 24
Cartel das películas a proxectar.

Este venres ás 19:15 h e ás 22:00 h o cinema municipal verinense proxectará a película 'Green book'.

Haberá tamén sesións o sábado 23 ás 17:00 h e ás 19:15 do filme 'Corgi, las mascotas de la reina' e ás 22:00 h de 'Green book'. O domingo 24 serán os últimos pases con 'Corgi, las mascotas de la reina' ás 17:00 h e 'Green book' ás 19:15 h e ás 22:00 h.

As entradas estarán dispoñibles 30 minutos antes no propio Salón de Actos da Casa da Cultura (Rúa Irmáns La Salle).

 

SINOPSES.

'Green book' ( Non recomendada para menores de 12 anos. Duración: 129 minutos).

Anos 60. Tony Lip (Viggo Mortensen) é un rudo latinoamericano do Bronx que é contratado como chófer do virtuoso pianista negro Don Shirley (Mahershala Ali). Ambos emprenderán unha viaxe para unha xira de concertos polo Sur de Estados Unidos, onde Tony deberá ter presente 'O libro verde?, unha guía que indicaba os poucos establecementos onde se aceptaba aos afroamericanos. Son dúas persoas que terán que facer fronte ao racismo e aos prexuízos, pero ás que o destino unirá, obrigándoos a deixar de lado as diferencias para sobrevivir e prosperar na viaxe das súas vidas. (FILMAFFINITY).

'Corgi, las mascotas de la reina' (Apta para tódolos públicos. Duración de 93 minutos).

Rex é o can máis querido da Raíña de Inglaterra. Un día, Rex perde o rastro da súa dona e atópase por casualidade cun clan de cans de distintas razas que teñen disputas e pelexan entre sí. Na súa aventura para topar á raíña, Rex comprende o significado do amor e descobre quen é realmente. (FILMAFFINITY).

'Green Book' e 'Corgi, las mascotas de la reina' no cinema municipal de Verín