domingo 20/09/20
Prema no enlace que acompaña á información para velo dende o noso xornal

EN DIRECTO | Volve, da man do FIC, o desternillante espectáculo de Frei Chitín (20:15 horas)

A personaxe creada por Miguel Ángel Prieto Sotelo, Frai Chitin. | FOTO: Cedida.
A personaxe creada por Miguel Ángel Prieto Sotelo, Frai Chitin. | FOTO: Cedida.

Frei Chitín, unha personaxe singular do noso Entroido, tense convertido, por méritos propios, nunha das máis representantivas da festa entroideira. Miguel Ángel Prieto Sotelo, "Chita", o seu creador, foi o encargado de pronunciar o pregón inaugural na última edición da festa máis emblemática da vila.

Para reforzar o seu vínculo co Entroido, que é un dos eixos temáticos do FIC Vía XIV, a organización do certame programa unha actividade paralela protagonizada pola desternillante personaxe creada por Prieto Sotelo: Frei Chitín.

Ás 20:30 horas desta tarde do luns, 7 de setembro, o Auditorio de Verín acolle o espectáculo no que Frei Chitín departirá co público, expoñerá elevadas doses de enxeño e humor e amosará un documental propio, creado cun marcado carácter entroidero, que fará as delicias dos asistentes.

EN DIRECTO | Volve, da man do FIC, o desternillante espectáculo de Frei Chitín (20:15...
comentarios