venres 22.11.2019
Tunas, agrupacións de bombos, bandas e grupos de concertinas protagonizarán estes días a ambientación musical

Medio millar de postos de feira ao longo de dous kilómetros converten a Chaves nun dos maiores atractivos do sur galego

Milleiros de verinenses, doutras localidades da provincia e mesmo da comunidade teñen este venres día 1 de novembro unha cita xa case obrigada coa tradición: a Feira dos Santos da veciña localidade de Chaves
Programa de actividades para os catro días da maior feira popular do norte de Portugal, a dos Santos de Chaves.
Programa de actividades para os catro días da maior feira popular do norte de Portugal, a dos Santos de Chaves.

Serán máis de dous kilómetros de postos de feira repartidos por grande parte do casco urbano da veciña localidade portuguesa de Chaves, dende o núcleo da vila ata as inmediacións do estadio municipal de fútbol. Artesanía, moita alimentación, antigüidades, gando e, sen dúbida, roupa serán os principais reclamos para o éxodo nacional que se agarda cruzando a desfigurada fronteira de Feces. Nos catro días que durará a tradicional e moi coñecida Feira do Santos, a Cámara Municipal de Chaves e a asociación empresarial do Alto Támega só miran cara o ceo para que as condicións metereolóxicas permitan unha alfluenza de visitantes que acabarán contándose por centos de miles. 

 Os días 1, 2 y 3 partirá desde a estación verinense ás 10:30 e ás 15:30 horas. O regreso está previsto para as 15:00 e as 23:00 horas, ambas portuguesas

Para todos aqueles que non dispoñan de medios de locomoción propios, terán ao seu dispor o recentemente estreado servicio de autobús transfronteirizo, posto en marcha dende a Eurocidade Chaves-Verín. Os días 1, 2 y 3 partirá desde a estación verinense ás 10:30 e ás 15:30 horas. O regreso está previsto para as 15:00 e as 23:00 horas, ambas portuguesas.

Un grande número de verinenses, de seguro, repetirán percorrido camiño da vila lusa, unha tradición que se remonta varias décadas atrás no tempo e que xeraba, onde agora se ergue a sede da agrupación transfronteiriza, importantes colas de tráfico polo afán supervisor tanto dos guardinhas portugueses como da Garda Civil española, que non deixaban maletero sen revisar. 

Medio millar de postos de feira ao longo de dous kilómetros converten a Chaves nun dos...
comentarios