Martes. 19.03.2024
A mostra estará dispoñible ata o 5 de xullo

A Sala de Exposicións de Verín acolle as obras dos máis pequenos

"Arte infantil", a exposición dos nenos e nenas da Escola de Artes e Oficios de Verín, poderá visitarse de luns a venres entre as 17:00 h e as 20:00 h

190618 ARTE INFANTIL 2019 IMG_4911 CMZ
Algúns dos cativos na exposición. Fonte: Carlos Montero.

A mostra "Arte infantil", que foi inaugurada o martes día 18 pola concelleira de Cultura, Emilia Somoza; estará dispoñible ata o día 5 de xullo na Sala de Exposicións de Verín.

O horario para poder visitala será de luns a venres entre as 17:00 h e as 20:00 h.

A exposición é unha mostra de diversas obras realizada por nenos e nenas da vila, elaboradas durante o curso escolar 2018-2019. As creacións foron seleccionadas polos alumnos e alumnas que as realizaron nas Aulas de Iniciación ás Artes Plásticas da Escola de Artes e Oficios de Verín, un centro de formación non regrada que depende do Concello de Verín.

O prazo está aberto para a reserva de postos escolares do curso 2019 - 2020, que comezará a mediados do próximo mes de setembro.
 

A Sala de Exposicións de Verín acolle as obras dos máis pequenos
Comentarios