Venres. 29.03.2024
travesias_2_clara
Espectáculo Travesías. | FOTO: WEB Raquel Queizás.

A Biblioteca de Verín acollerá, unha vez máis, a visita da contadora de historias verinesa Raquel Queizás para ofrecerlle ós cativos da bisbarra o seu espectáculo de contos e monicreques "Travesías". Dista vez, Raquel quere mudar o conto para narrar historias que transmiten valores de igualdade, respecto e convivencia entre nenos e nenas, entre mulleres e homes.

A representación, recomendada para nenas e nenos a partir dos 3 anos, terá lugar o venres, 11 de outubro, ás 18,00 horas

O fío condutor podería ser aquel verso de Sabina no que xa nos dicía "... las niñas ya no quieren ser princesas..."; porque, ata hai moi pouco, os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa. E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas.

Pero o mundo está cambiando, e os peques van poder gozar de viaxes cheas de aventuras nas que coñecerán a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.

As nenas xa non queren ser princesas