jueves. 18.04.2024
unha festa de disfraces nas instalacións da Granxa puxo fin a unha edición máis deste servizo municipal

O verán tamén remata para os cativos da ludoteca e o campamento urbano de Verín

O servizo de ludoteca e o campamento urbano de Verín, dous proxectos destinados a conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo de lecer dos menores con idades comprendidas entre os 3 e 13 e 10 e 14 anos, respectivamente; organizados pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do concello, remataron as súas actividades ata o ano que vén cunha festa de disfraces nas instalacións da Granxa.
06092019 NP CONCELLO DE VERIN - Festa clausura Ludoteca e Campamento Urbano 2019 (2)
Na ludoteca e no campamento urbano do Concello de Verín participaron máis de 200 rapaces.

Hoxe, 6 de setembro, rematou o servizo da ludoteca de verán e o campamento urbano que organiza a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín. Trátase de dous proxectos destinados a conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo de lecer dos menores con idades comprendidas entre os 3 e 13 e 10 e 14 anos, respectivamente. Este ano comezou o día 25 de xuño e contou con máis de 215 menores inscritos.

Para clausurar este verán, os pequenos participaron nunha divertida festa de disfraces nas instalacións de A Granxa. Os cativos e cativas gozaron entre xogos, música e pinturas para despedirse ata o vindeiro ano.

06092019 NP CONCELLO DE VERIN - Festa clausura Ludoteca e Campamento Urbano 2019 (8)Cativos e monitores despediron o veran disfrazados.

Durante a celebración, Unai Justo recibiu un diploma a modo de homenaxe polos seus 10 anos participando no proxecto da ludoteca. Recibiuno de mans de Rosario Rodríguez, concelleira de Persoal, e de Diego Lourenzo, concelleiro de Mocidade, que destacaron “o éxito da Ludoteca e do Campamento Urbano, tanto polos propios cativos e cativas, como pola súa relevancia á hora de permitir a conciliación laboral e familiar dos veciños e veciñas da vila durante os meses das vacacións escolares de verán”.

06092019 NP CONCELLO DE VERIN - Festa clausura Ludoteca e Campamento Urbano 2019Rosario Rodríguez e Diego Lourenzo, co xoven Unai Justo (centro).

Obradoiros educativos e lúdicos, animación á lectura e contacontos, piscina, repostería e cociña, recortables, talleres de nutrición, xogo libre, rutas de sendeirismo ou acampadas nocturnas son algunas das actividades que verán tras verán se organizan para os menores.

Ademais, cada ano búscase innovar e, durante este ciclo, programáronse iniciativas adicadas a diferentes temáticas como o día do sombreiro, San Fermín, festa da Batucada, Día de Galicia, xornadas coa Cruz Vermella, visitas ao Centro de Día Raiola de Verín, unha excursión a un aquapark, visitas temáticas ao Museo Claustro Mercedario e un graffiti da ludoteca, realizado en colaboración co Festival Extruga Street.

O verán tamén remata para os cativos da ludoteca e o campamento urbano de Verín