mércores 26.02.2020

Os cativos do CEIP de Medeiros e do CRA Monterrei levan por bandeira a paz

O luns, 3 de febreiro, celebrouse o Día da Paz no CEIP de Medeiros, en conxunto co CRA Monterrei.

Xornada de convivencia no CEIP de Medeiros (Monterrei).
Xornada de convivencia no CEIP de Medeiros (Monterrei).

Os alumnos e alumnasdo CEIP de Medeiros (Monterrei), xunto cos cativos do CRA Monterrei  -que inclúe as aulas de Vilaza, de Vences e de Pazos- celebraron este luns, 3 de febreiro, o Día Mundial da Paz, aínda que é o 30 de xaneiro a data na que se conmemora o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869 - 1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte as inxustizas.

A partir das 10:30 horas da mañá, comezaron as actividades que se desenvolveron na xornada.

Corro formado no patio do CEIP de Medeiros o luns 3 de febreiro.

Os cativos desfrutaron da presenza da actriz verinense Raquel Queizás con un dos seus espectáculos, "Somos Iguais - Contos pola Igualdade", coa idea de que desaparezan algúns dos estereotipos que a sociedade lle marca aos máis pequenos.

Ademais do conto da actriz, os alumnos e as alumnas do CEIP de Medeiros e do CRA Monterrei cantaron, bailaron e pintaron un mural reivindicativo e perenne coa conmemoración do 30 de xaneiro como principal fonte de inspiración.

Os cativos e cativas cantando a favor da paz e a non violencia.

Tras as actividades, fíxose unha comida para todos os participantes -alumnos, nais, pais e profesores- nesta xornada a favor da educación, tolerancia, solidariedade, concordia e o respecto aos Dereitos Humanos.

O día tamén lles valeu a escolares, mestres, nais e pais para reivindicar a importancia de contar cun colexio no rural e no que se poden levar a cabo actividades que manteñan vivo o impulso da comunidade escolar en zonas no que a despoboación e falta de xente nova é un dos principais retos

Os cativos do CEIP de Medeiros e do CRA Monterrei levan por bandeira a paz
comentarios