Martes. 19.03.2024
ESCOLA DE VERÁN
A escola de verán en anos anteriores.

O prazo de inscrición do programa deportivo “Escola de Verán 2019”, abriuse hoxe, para un máximo de 200 menores nados dende o 2005 ata o 2015.
Para as actividades do programa, que terán lugar de 9:30 h a 13:30 h, entre o 1 de xullo e o 30 de agosto, os rapaces distribuiranse en grupos homoxéneos de idades -  de 4 a 5 anos, de 6 a 7 anos, de 8 a 10 anos e de 11 a 14 anos -.

As actividades para os nenos faranse no Pavillón Municipal de Deportes e nas piscinas de A Granxa. Poderá escollerse se os rapaces van 3 ou 5 días á semana, así coma se participan 15 días, un mes ou dous, que é a totalidade do tempo que dura a escola de verán.

O primeiro día da escola de verán, o 1 de xullo, farase unha xuntanza informativa para os pais de todos os participantes no Pavillón de Deportes ás 9:30 h. Ao rematar a charla, os menores irán ás piscinas descubertas. A inscrición pode realizarse nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes de 9:00 a 14:00.
Para formalizar as inscricións deberá entregarse unha fotocopia do DNI, o xustificante de pagamento das taxas en Caja Rural de Zamora e unha fotocopia ou amosar a condición de eurocidadán/empadroado do menor, para entregar todo nas oficinas do pavillón municipal ata que se cubran as prazas dispoñibles.

Abre o prazo de inscrición para a Escola de Verán en Verín