martes 23.07.2019
O seu óbito tivo lugar ás seis da tarde logo de varios días hospitalizado

Falece o ex alcalde de Castrelo do Val, Raúl Fernández Fernández, aos 64 anos

O ex alcalde de Castrelo do Val e mestre en Oímbra, Raúl Fernández.
O ex alcalde de Castrelo do Val e mestre en Oímbra, Raúl Fernández.

O que fora alcalde de Castrelo do Val, delegado da Consellería de Política Territorial en Ourense, e actual parlamentario galego polo Partido dos Socialistas de Galicia, Raúl Fernández Fernández, faleceu esta tarde, pasadas as seis, logo dunha enfermidade que o mantivo hospitalizado nos últimos días. 

Raúl Fernández ocupou o cargo de secretario provincial do PSdeG - PSOE na provincia entre o 2009 e o 2017. O veterano político perdera no 2016, de xeito tráxico a noite de Nadal nun accidente de tráfico, á súa filla.

Falece o ex alcalde de Castrelo do Val, Raúl Fernández Fernández, aos 64 anos
comentarios