Os feitos tiveron lugar esta tarde nunha finca da súa propiedade
Falece en Castrelo do Val un home de 90 anos ao caer dun remolque de pacas
25 de junio de 2020 (23:13 h.)
Un veciño de Castrelo do Val, de 90 anos de idade, perdeu esta tarde a vida ao caer dende o alto dun remolque de pacas que estaba a cargar nunha finca da súa propiedade, segundo testemuñas do suceso. Ao lugar desprazáronse efectivos de emerxencias, axentes de Garda Civil de Verín e mesmo unha unidade do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Laza, que non conseguiron salvarlle ao vida ao ancián. A autoridade xudicial ordenou o levantamento do cadáver pasadas as 20:30 horas.