Martes. 19.03.2024
O Concello iniciou os traballos de rehabilitación dunha edificación próxima ó antigo albergue de peregrinos

Monterrei terá o seu centro de interpretación do viño dentro dos muros do castelo

Unha boa parte do patrimonio do Concello de Monterrei, xa sexa paisaxístico ou arquitectónico, está en obras. Á construción do centro de atención ao maior, a ampliación da Casa do Concello, ou as obras de rebaixa dos leitos do río, vénselle de sumar a rehabilitación dunha edificación próxima ó antigo albergue de peregrinos para convertila no futuo centro de interpretación do viño de Monterrei. 
monterreicentro1
monterreicentro1

Monterrei, tanto a fortaleza, como o propio Concelo -casa consitorial engadida- está en obras. O grupo de Goberno que preside José Luis Suárez Martínez acomete dende hai días varias execucións en outras tantas localizacións. Así, as xa anunciadas obras de levantamento do que será o punto de atención ao maior, con custe superior aos 200.000 euros, tamén esta ganando altura o edificio do concello, además de ver como se remodela o seu interior para facelo máis accesible ás persoas de mobilidade reducida.

monterreimaiorNo centro de apoio ao maior de Albarellos (Monterrei), investiranse uns 200.000 euros. 

Na actuación de reforma da casa consistorial invertiranse algo máis de 300,000 euros, dos que grande parte do orzamento está sufragado pola Deputación de Ourense, concretamente a metade; 90.000 lle corresponde á Vicepresidencia da Xunta e a diferencia están sendo aportadas polas arcas municipiais. 

monterreiconcelloA Casa Consistorial de Monterrei está gañando unha altura, ademais de ver mellorada a súa accesibilidade.

Nesta semana tamén se iniciaron as obras de acondicionamento do ríos Búbal e Rubín, concretamente no primeiro deles no treito entre Vilaza e Albarellos. Estanse a realizar os traballos de rebaixe o leito do río, ademais de labores de limpeza de maleza e de restos de materia orgánica que non só a auga deu en acumular ao longo do tempo, senón tamén froito das riadas do mes de xullo, que arrastrou río abaixo unha importante masa arbórea que provocou importantes desbordamentos en Infesta, Albarellos e Vilaza. Executan os traballos operarios da empresa pública Tragsa e durarán aínda un par de meses. 

REHABILITACIÓN PATRIMONIAL NO ENTORNO DO CASTELO

O entorno da fortaleza de Monterrei tamén está sendo foco de traballos de acondicionamento dos seus exteriores, consistentes en limpeza de muros e retirada da maleza dos seus accesos. Aínda que, sen dúbida, a actuación más destacada é a rehabilitación integral que está a sufrir unha edificación próxima ao antigo albergue de peregrinos, situada á entrada do recinto do castelo, pola súa porta Sur, tamén chamada Porta do Sol. Alí, xa se realizaron traballos de limpeza da fachada e retirada de escombro do interior para levantar, posteriormente, o que será Centro de Interpretación do Viño de Monterrei, unha sorte de establecimiento no que estarán expostos todos os produtos da vide de Denominación e que poderán ser mercados polos que se acheguen a visitar o castelo de Monterrei. Alí, haberá paneis informativos referidos ao sector e habilitarase un pequeno espazo no que tamén se poderán degustar in situ os viños desta comarca produtora. 

monterreicentro2O futuro Centro de Interpretación do Viño de Monterrei está na outra beirarrúa do recinto de exposición de productos do val de Monterrei. 

Ese centro de interpretación, una vez rematado, será explotado, así o expresou o rexedor local José Luis Suárez Martínez, a concurso: "Creo que é unha boa oportunidade empresarial e de traballo para unha persoa. A cantidade de turistas que visitan o castelo de Monterrei non teñen un lugar físico onde adquirir creo que uns dos bens máis cotizados do noso territorio, como é o viño". 

O orzamento da rehabilitación do centro de interpretación do viño supera os 100.000 euros, dos que somentes 30.000 serán aportados polo Concello de Monterrei. 

Monterrei terá o seu centro de interpretación do viño dentro dos muros do castelo