xoves 17.10.2019
Recibirán as súas distincións no acto solemne que terá lugar na tarde noite do vindeiro 9 de agosto na Parroquia

O bispo de Ourense, Lemos Montanet; o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o xornalista Luis Congil, novos confrades dos Viños de Monterrei

Luis Cid Congil, comisario do Museo do Viño de Monterrei, diante dunha prensa antiga, no Claustro dos Mercedarios de Verín.
Luis Cid Congil, comisario do Museo do Viño de Monterrei, diante dunha prensa antiga, no Claustro dos Mercedarios de Verín.

Comezan a coñecerse os nomes dos novos confrades da Confraría dos Viños de Monterrei que serán investidos o vindeiro 9 de agosto tras a lectura do pregón de inauguración da XIV edición da Feira do Viño de Monterrei na praza da Alameda de Verín, ás 20,00 horas. 

Segundo puido saber este xornal, o bispo de Ourense, Monseñor José Leonardo Lemos Montanet; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o xornalista e estudoso do mundo do viño Luis Cid Congil serán novos confrades da Confraría da Denominación de Orixe e recibirán as súas oportunas distincións no acto solemne que terá lugar, logo da apertura oficial da certame vitivinícola, na igrexa parroquial Santa María La Mayor de Verín. 

O bispo de Ourense, Lemos Montanet; o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o...
comentarios