venres 17/09/21
Con viños de 22 bodegas

NOTICIAS VERÍN | O Túnel de Viño da D. O. Monterrei, este luns en Asturias

Túnel do viño, esta fin de semana en Asturias.
Túnel do viño, esta fin de semana en Asturias.

Nova parada dos viños da D.O. Monterrei, neste percorrido promocional do Túnel do Viño. Será o vindeiro luns 30 de agosto de 17:00h a 21:00h, no restaurante La Torre, en Asturias, onde todos os asistentes poderán degustar máis de corenta viños da Denominación de Orixe, entre brancos e tintos, co obxectivo de que coñezan as características do terreo e do clima, da tradición vitivinícola do territorio e as diferentes variedades de uva.

Ao londo das catro horas, os presentes descubrirán os viños da zona da man das bodegas que participarán no evento, para o que será necesaria previa inscrición no teléfono 678 577 933 ou no correo electrónico [email protected] 

  • Ladairo
  • Pazos del Rey
  • Gargalo
  • Castro de Lobarzán
  • Vinos Lara
  • José Luis Gómez Ibáñez
  • Crego e Monaguillo
  • Quinta do Buble
  • Terras do Cigarrón
  • Triay
  • Terrae Monterrei
  • Tapias Mariñán
  • Fragas do Lecer
  • Vía Arxéntea
  • Abeledos
  • Pazo de Valdeconde
  • Tabú
  • Franco Basalo
  • Alba Al-Bar
  • Trasdovento
  • Quinta Soutullo
  • Manuel Vázquez Losada

 

NOTICIAS VERÍN | O Túnel de Viño da D. O. Monterrei, este luns en Asturias
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade