NOTICIA DE EMPRESA | Bodegas Triay incorpórase á ruta do Viño de Monterrei sorteando cinco paquetes enoturísticos
Bodegas Triay é a última das adegas da Denominación de Orixe que vén de adherirse á oferta enoturística que ofrece a Ruta do Viño de Monterrei. E, para festexalo, sortean nas súas redes sociais cinco experiencias nas que se inclúen unha visita ás súas instalacións e un percorrido polas súas viñas e tamén polos lexendarios lagares rupestres de Oímbra.
Bodegas Triay é a última adega en incorporarse á Ruta do Viño de Monterrei e faino baixo unha forte aposta polo enoturismo e o patrimonio. Todos os que queiran coñecer máis en profundidade esta adega pódeno facer escollendo algúns dos paquetes que ofrecen dentro da súa actividade de promoción enoturística, ben visitando as súas instalacións e os seus viñedos, participando dunha cata de viños ou mesmo realizando unha ruta guiada e comentada polo lagares rupestres de Oímbra.
Esta pequena adega familiar con seis xeracións de historia elaborando viño no Val de Monterrei, celebra a súa entrada na Ruta cun sorteo de cinco experiencias enoturísticas para catro persoas cada unha, nas que se inclúe a visita aos lagares, á adega e cata de viños. Pódese participar nas súas redes sociais (instagram e facebook) ata este martes 8 de decembro ás 14:00 horas. Os gañadores coñeceranse esa mesma tarde.
Os seus viños tamén poden atoparse na primera tenda de comercio dixital da comarca de Monterrei con productos da terra www.deliciasdotamega.es, na propia adega directamente e tamén a través da súa páxina web www.bodegastriay.es.