Xoves. 28.03.2024
Ata este martes ás 14:00 horas hai de prazo para participar no seu concurso nas redes

NOTICIA DE EMPRESA | Bodegas Triay incorpórase á ruta do Viño de Monterrei sorteando cinco paquetes enoturísticos

Bodegas Triay é a última das adegas da Denominación de Orixe que vén de adherirse á oferta enoturística que ofrece a Ruta do Viño de Monterrei. E, para festexalo, sortean nas súas redes sociais cinco experiencias nas que se inclúen unha visita ás súas instalacións e un percorrido polas súas viñas e tamén polos lexendarios lagares rupestres de Oímbra. 

Iván Álvarez representa xa a sexta xeración de viticultores en Adegas Triay.
Iván Álvarez representa xa a sexta xeración de viticultores en Bodegas Triay.

Bodegas Triay é a última adega en incorporarse á Ruta do Viño de Monterrei e faino baixo unha forte aposta polo enoturismo e o patrimonio. Todos os que queiran coñecer máis en profundidade esta adega pódeno facer escollendo algúns dos paquetes que ofrecen dentro da súa actividade de promoción enoturística, ben visitando as súas instalacións e os seus viñedos, participando dunha cata de viños ou mesmo realizando unha ruta guiada e comentada polo lagares rupestres de Oímbra.

 
Esta pequena adega familiar con seis xeracións de historia elaborando viño no Val de Monterrei, celebra a súa entrada na Ruta cun sorteo de cinco experiencias enoturísticas para catro persoas cada unha, nas que se inclúe a visita aos lagares, á adega e cata de viños. Pódese participar nas súas redes sociais (instagram e facebook) ata este martes 8 de decembro ás 14:00 horas. Os gañadores coñeceranse esa mesma tarde.

Viños de Adegas Triay.A primera tenda de comercio electrónico de productos da ribeira do Támega, www.deliciasdotamega.es, tamén apostou polos viños de Bodegas Triay. 

Os seus viños tamén poden atoparse na primera tenda de comercio dixital da comarca de Monterrei con productos da terra www.deliciasdotamega.es, na propia adega directamente e tamén a través da súa páxina web www.bodegastriay.es.

NOTICIA DE EMPRESA | Bodegas Triay incorpórase á ruta do Viño de Monterrei sorteando...