Venres. 29.03.2024
Bacelo na localidade de O Rosal, en Oímbra.
Bacelo na localidade de O Rosal, en Oímbra.

A asociación Monteval, responsable da xestión dos fondos europeos que permiten a financiación do Grupo de Desenvolvemento Rural GDR-9, vén de anunciar a celebración dun curso de balde para ensinar a poder e enxertar vides. Comezará o vindeiro 18 de marzo e impartirase nas instalacións do centro social de Oímbra en horario de tarde, aínda por determinar. Para poder asistir será preciso inscribirse nas dependencias da Asociación Monteval, situadas no polígono industrial de Pazos (Verín), aínda que tamén será válido contactar por teléfono no 988 590 233 e facilitar os datos dos interesados en participar. Os que desexen anotarse tamén poderán facelo nas instalacións do Concello de Oímbra ou chamando ao 988 42 61 60.

Neste obradoiro, entre outros, abordaránse cuestións como a viticultura ecolóxica ou as condicións, características e peculiaridades da viticultura dentro do territorio amparado baixo a Denominación de Orixe de Monterrei. A parte práctica centrarase na poda de bacelos e no enxerto de vides. Está prevista unha duración de 20 horas que se repartirán en cinco días de catro horas cada un. A presentación será o vindeiro luns 18 de marzo ás cinco da tarde.

Monteval organiza un curso para ensinar a podar e enxertar vides