Xoves 23.05.2019
A creacción e consolidación do emprego será determinante na puntuación

O 31 de marzo pecharase o prazo de solicitudes para optar ás subvencións dos fondos FEADER

O Grupo de Desenvolvemento Rural GDR - 9, xestionado para a comarca pola Asociación Monteval, pechará o vindeiro 31 de marzo o prazo de solicitudes de subvención para todos aqueles proxectos produtivos, non produtivos e formativos que se implanten no rural. Para o exercicio 2019 están dispoñibles 750.000 euros. Só se abrirá una segunda convocatoria ata maio no caso de que non se esgoten na primeira.

Sede da Asociación Monteval, no centro cooperativo do polígono industrial de Pazos (Verín).
Sede da Asociación Monteval, no centro cooperativo do polígono industrial de Pazos (Verín).

A Asociación Monteval, responsable da xestión dos fondos europeos FEADER, vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para a financiación de aqueles proxectos empresariais, tanto produtivos, non produtivos como formativos, que se establezan no rural. O prazo de presentación pecharase, na primeira das convocatorias sempre que non se consuman os fondos dispoñibles, o vindeiro 31 de marzo. Segundo confirmaron dende a propia entidade xestora, serán pouco máis de 750.000 os euros dispoñibles para esta anualidade, aínda que os proxectos que concurran poderán xustificar a inversión tanto neste ano 2019 coma no vindeiro 2020. Financiarán tanto iniciativas de carácter produtivo, como aquelas que só centren a súa actividad na prestación de servizos, e tamén poderán obter fondos as propostas formativas. A única condición precisa para poder solicitalas será a de establecer ou ampliar a actividad nalgúns dos concellos integrantes da asociación Monteval e sempre que non supere o municipio os 10.000 visitantes, limitación que só reúne, na comarca de Monterrei, o de Verín.

Como xa vén sendo habitual, todos aqueles proxectos que reúnan as condicións técnicas precisas para poder optar ás axudas poderán recibir unha subvención que, dependendo da puntuación obtida, pode chegar ata un 50 por cento de investimento programado.

 

PROXECTOS DESTACADOS

Un dos proxectos máis destacados das últimas convocatorias foi o presentado pola nova xestora de vello hotel Gallego, Residencia Val de Monterrei, S.L., que tras a reforma que está a ter convertirase nun xeriátrico para 60 residentes de toda condición -válidos e dependientes-, con xestión privada e que recibíu dos fondos FEADER 200.000 euros para a súa posta en marcha.

 

casa rural As Eiras

 

Non foi o único destacado da anterior convocatoria, a recuperación dunha casa de aldea para a súa explotación como pousada de turismo rural e onde tamén se ofrecerán unha grande variedade de servizos turísicos de calidade foi outra das iniciativas que cun orzamento de 418.852,25 euros, obtivo una asignación de fondos de 200.000 euros. 

 

OBXECTIVO: O EMPREGO

A principal tavela utilizada polos técnicos de Monteval á hora de puntuar un proxecto é, por enriba de calquera outra, a da creación de emprego ou a consolidación do emprego xa existente. Así o explica a directora-xerente da Asociación Monteval, xestora do Grupo de Desenvolvemento Rural número 9, Ana Pardo Pardo: "Aínda que nos moitos parámetros que valoramos tamén están outros como a importancia da iniciativa para o lugar ou municipio onde se estableza, a innovación que para o sector produtivo ou non produtivo supoño ou mesmo o atractivo que poida ter para o público en xeral -no caso daqueles proxectos liderados fundamentalmente polas entidades públicas-, para nós é primordial o número de postos de traballo no rural que se creen ou, no seu defecto, se consoliden no caso de seren temporais e que sen levar adiante ese proxecto poderían acabar desaparecendo", afirmou Pardo Pardo.

O 31 de marzo pecharase o prazo de solicitudes para optar ás subvencións dos fondos FEADER
comentarios