Venres. 29.03.2024
Todos os cofrades do pasado ano 2019, no acto de inauguración da XIV Edición da Feira do Viño de Monterrei. | FOTO: Archivo.
Todos os cofrades do pasado ano 2019, no acto de inauguración da XIV Edición da Feira do Viño de Monterrei. | FOTO: Arquivo.

O Pleno do Consello Regulador decidiu reformular a Feira do Viño de Monterrei, que normalmente se celebra o segundo fin de semana de agosto, ante a situación de crise sanitaria que a COVID-19 leva provocando e os rebrotes que se teñen dado a coñecer durante as últimas semanas. 

A presidenta do C. R. da Denominación de Orixe Monterrei, Lara Da Silva Rodríguez, destaca que se agardou "ata o último momento para tomar a decisión, que foi moi meditada". A realidade que se está a vivir no noso país e os últimos casos de contaxios na provincia obrigan a trasladar a feira ao mundo virtual, segundo comenta Da Silva, "co obxetivo de respectar a distancia social e ser prudentes e responsables coa saúde pública, xa que na última edición se superaron os 30.000 asistentes". 

Está previsto realizar unha importante campaña en redes sociais, que se extenderá ao longo de varias semanas, para poñer en valor o traballo e esforzo dos viticultores e bodegueiros que conforman a denominación e potenciar que os consumidores non esquezan a cita vitivinícola, que agarda recuperar o seu formato presencial na vindeira edición.  

Unha das iniciativas máis esperadas é o concurso #BrindoconDOMonterrei, que se vai realizar durante o próximo fin de semana, coincidindo coa data na que tería lugar a Feria do Viño. A competición levarase a cabo en Facebook e busca fotos de brindis co viño da denominación, etiquetando á D. O. Monterrei e usando o hashtag #BrindoconDOMonterrei.

Os integrantes poderán participar nun sorteo de estoxos de viño e visitas ás seguintes bodegas de Monterrei: Gargalo, Vinos Lara, Triay, Tapias Mariñán, Fragas do Lecer, Vía Arxéntea, Abeledos, Pazo de Valdeconde, Estela do Val, Daniel Fernández e Quinta Soutullo. Os gañadores da rifa só poderán acudir á bodega concertando unha cita previa e cumprindo todas as medidas hixiénico-sanitarias establecidas.

En Facebook, tamén se publicaran post sobre as bodegas da denominación, vídeos recordatorios da celebración (coa participación de membros da Confraría dos Viños de Monterrei) e outras iniciativas que se irán dando a coñecer a medida que se vaia achegando a data marcada. 

Por último, a conmemoración da Confraría dos Viños de Monterrei si que ten previsto celebrarse este ano, pero trasládase ao mes de decembro. A desunión entre a feira e a confraría fíxose oficial a petición dunha proposta ante o Pleno do Consello Regulador que consideraba a mostra coma unha cita especialmente destacada en Monterrei, merecedora dunha data separada e única, segundo informa Lara Da Silva.  

A XV Edición da Feira do Viño de Monterrei, cancelada polos rebrotes da COVID, será só...