Xoves. 28.03.2024
Gargalo será unha das adegas participantes no primeiro túnel do viño logo da pandemia. | FOTO: Noelia Caseiro.
Gargalo será unha das adegas participantes no primeiro túnel do viño logo da pandemia. | FOTO: Noelia Caseiro.

A aula de cata Paadín é o escenario escollido para que os viños da Denominación de Orixe Monterrei recuperen o seu espíritu viaxeiro mediante a exitosa fórmula dos túneles do viño. 39 serán as marcas, de 21 adegas, as que participen, este luns, na primeira das edicións desta acción promocional da era post-COVID. En dúas quendas -de 12:00 a 14:30 horas, e de 17:00 a 21:00 horas- e extremando as medidas hixiénico-sanitarias esixidas polas autoridades, profesionais da canle Horeca, sumilleres, alumnos e docentes dos centros de hostalería e tamén representantes dos diferentes medios de comunicación, están convidados a descubrir as peculiaridades dos brancos e dos tintos de Monterrei. Tamén coñecerán as características do chan e o clima do territorio, ademais das tipoloxías dos viños, a variedade das uvas e a tradición e historia vitivinícola da comarca de Monterrei. 

Túnel do viño en A Coruña.Cartel que anuncia o primeiro túnel do viño da Denominación da era post-COVID. 

As adegas que terán presencia neste primeiro túnel do viño despois do estado de alarma serán:

  • Ladairo
  • Pazos del Rey
  • Gargalo
  • José Antonio Da Silva Pereira (Viños Lara)
  • Quinta do Buble
  • Terras do Cigarrón
  • Pazo Blanco Núñez (Tapias de Mariñán)
  • Fragas do Lecer
  • Manuel Guerra Justo
  • Tabú
  • Franco Basalo
  • Alba Al-Bar (Daniel Fernández)
  • Trasdovento
  • José Luis Gómez Ibáñez (Valderello)
  • Crego e Monaguillo
  • Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo)
  • Pazo de Valdeconde
  • Castro de Lobarzán
  • Manuel Vázquez Losada
  • Terrae Monterrei (Adegas Terrae)
  • Triay Adegas

Para participar neste túnel do viño herculino será preciso confirmar asistencia no teléfono 678.577.933 ou mesmo enviar un correo electrónico a [email protected], para que se poida controlar o aforo máximo esixido. 

Lara Da Silva, presidenta de Denominación de Orixe Monterrei. | FOTO: Noelia Caseiro.

Lara Da Silva, presidenta da Denominación de Orixe Monterrei. | FOTO: Noelia Caseiro.

Ahora más que nunca es el momento de beber vino de Monterrei y apoyar a aquellos que llevan años apostando y arriesgando por el rural gallego (Lara Da Silva, presidenta de la D. O. Monterrei)

 "Esta acción está destinada a dar a conocer nuestro territorio, historia y producto, así como reforzar nuestra imagen de marca”, indica a presidenta do C. R. D. O. Monterrei, Lara Da Silva. Ademais, engade, "esta iniciativa permite que retomemos el ciclo de acciones promocionales programadas para este año, y que permitirá que nuestros blancos y tintos lleguen a ciudades como Barcelona, Santander, Bilbao o Vigo, entre otras. Ahora más que nunca es el momento de consumir vino con denominación de origen Monterrei y apoyar a aquellos que llevan años apostando y arriesgando por el rural gallego", asegurou a presidenta.

Comeza en Coruña o "tour" dos túneles do viño da Denominación de Monterrei