Xoves. 28.03.2024
WhatsApp Image 2019-08-06 at 13.21.38
Aspecto dos arredores da Alameda na mañá de hoxe, en plenos preparativos da XIV Feira do Viño de Monterrei | FOTO: X. L. Colmenero

A apenas 72 horas para que dea comezo a XIV Feira do Viño de Monterrei, semella que nos arredores da Praza da Alameda xa comeza a cheirar a viño. Quizáis unha ilusión olfativa produto do comezo dos preparativos por parte do goberno local para a celebración de tan agardada cita. Esta mañá púidose ver ao titular de Transportes, Feiras e Hostalaría do consistorio verinense, Manuel Lorenzo, realizando indicacións aos técnicos do concello para as restriccións de tráfico e colocación de carpas e futuros stands. 

Participarán un total de 17 das 26 adegas que compoñen a denominación, unha máis que o ano pasado.

Nesta nova edición da festa maior dos caldos máis famosos da comarca, que terá lugar entre os días 9 e 11 deste mes, participarán un total de 17 das 26 adegas que compoñen a denominación, unha máis que o ano pasado. 

A Praza García Barbón, escenario do Torneo de Fútbol 3x3 AEVER – Concello de Verín 2019

O ambiente de enorme movemento non se limita hoxe só á Alameda, senón tamén á Praza García Barbón, onde se está a desenvolver –dende hoxe e ata o día 8– o Torneo de Fútbol 3x3 AEVER – Concello de Verín 2019, coorganizado conxuntamente polo consistorio e pola Asociación de Empresarios de Verín (AEVER). Rapazada nacida entre 5 e 16 anos estarán competindo na pista habilitada na céntrica praza verinense para deleite de veciñanza e consumidores nas terrazas dos locais de hostalaría.

WhatsApp Image 2019-08-06 at 13.21.40

Os cativos –xogadores e espectadores– en pleno partido na Praza García Barbón. | FOTO: X. L. Colmenero

Os arredores da Alameda xa comezan a cheirar a viño...