Venres. 29.03.2024

O taller de escritura impartido por Alejandro Corral terá un aforo limitado de 20 persoas

Este venres na Biblioteca Municipal de Verín o escritor Alejandro Corral impartirá por segundo ano consecutivo un Taller de escritura.  O prazo de inscrición para este evento, moderado por Noa González Sousa, aínda está aberto e ten un aforo limitado de vinte persoas.

 

Nestas xornadas, o sábado 30, tamén participará o escritor Santiago Posteguillo, presentando a súa novela 'Yo, Julia', Premio Planeta 2018.

 

O venres 29 de 11:00 h a 13:00 h o escritor Alejandro Corral impartirá o obradoiro 'Técnicas Narrativas', enmarcado dentro das II Xornadas de Novela Histórica que organiza a Biblioteca do Concello de Verín, en conxunto coa Sociedade Antropolóxica Galega e a Asociación de escritores pola historia.

Este evento, moderado por Noa González Sousa, levarase a cabo na mesma Biblioteca Municipal e os máis novos terán prioridade á hora de acceder a el, sendo os quince anos a idade mínima para poder inscribirse.

O curso complementa o do ano pasado, impartido dentro das I Xornadas de Novela Histórica, onde o escritor deu consellos e mostrou diversas técnicas e narrativas para chegar a publicar a primeira novela. Ademáis, aproveitará para presentar a súa próxima obra 'El desafío de Florencia'.

FOTO

As persoas interesadas poderán inscribirse presencialmente na propia Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, chamando ao teléfono 988.41.36.24 ou no enderezo electrónico [email protected]

O taller de escritura impartido por Alejandro Corral terá un aforo limitado de 20 persoas