jueves. 18.04.2024
ace-1869825_1920

O sábado 23 e o domingo 24 de marzo os verinenses poderán gozar no Auditorio Municipal de actuacións de maxia. 

O espectáculo do sábado, ás 19:00 h, virá da man do Mago Teto co seu espectáculo "25 anos de Tolemaxias", usando dende efectos de maxia de cerca, ilusións, mentalismo e ata manipulación.

O domingo, ás 19:00 h será Culturactiva Produccións a encargada de facer a demostración "Saaabor", que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público co mundo da gastronomía de fondo.

As entradas para ambos espectáculos estarán dispoñibles no proopio Auditorio dende as 17:00 h do mesmo día da actuación, cun prezo de 2 €.

Esta cuarta edición de "Terra Máxica", que ten lugar do 15 de marzo ao 20 de abril e está organizada por Culturactiva S.Coop. G., pretende achegar a cultura á cidadanía e dinamizar a vida cultural en diversos escenarios dos concellos ourensáns de Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, Verín e Viana do Bolo.

 

 

 

Unha fin de semana de maxia en Verín