Venres. 29.03.2024
Cartel na Esculqueira. | FOTO : M. Ceballos.
Cartel na Esculqueira. | FOTO : Cedida.

Co nome de “Bícame neste canto”, o Concello da Mezquita pon en marcha unha singular iniciativa, a Ruta do Bico, pola cal, invita a todos os veciños a facerse todo tipo de selfies e fotografías mentres visitan eses recunchos cun encanto especial neste termo municipal. 

A idea inicial era poñer un cartel na Mezquita e que cando pases por alí, te fagas un selfie, unha foto, ben coa túa parella, só. Finalmente decidimos poñelo en todos os pobos, nun canto, que é, un recuncho

 

Despois de darlle moitas voltas, desde o consistorio queren colocar un panel ás portas do consistorio coa ruta completa. Nel, sinalizarán os pobos e os lugares onde irán ubicados os carteis, aínda por definir, nun recuncho que sexa curioso para que a xente poida ir visitar, una boa forma de atraer ós visitantes. 

Polo momento, A Esculqueira é o primeiro pobo en sumarse a esta iniciativa. Nun pasadizo "típico" dos pobos, que está situado preto da igrexa, pode verse o cartel que di "Bícame nun canto". Trátase da primeira parada dunha ruta que terá continuidade no resto dos pobos "dependendo do tempo que teñan as brigadas", e onde ir´án carteis con distintos formatos e tamaño, en función do lugar escollido. sinala o rexedor. 


 

Con esta proposta, o alcalde quere facer un guiño a todos os participantes para que poidan colgar as súas fotos con hastags e selfies, amosando eses lugares singulares do termo municipal. 

E ti, "atréveste a dar un bico nese canto?", a última proposta da Mezquita