Venres. 29.03.2024
PHOTO-2021-01-05-18-12-06
Vacas do sorteo dos 1.000€ do comercio local na Mezquita. | FOTO: María José.

Cun sorteo un pouco fora do común, decidiron dende o Concello da Mezquita alegrar as festas deste ano aos habitantes da localidade. Contando coa participación de dúas vacas, habilitaron unha parcela dividida en cuadrículas numeradas e divididas por series. O obxectivo era que a vaca cagase sobre un dos números dispostos no chan e a persoa que tivese dito número sería o gañador ou gañadora. A pesar do frío e das restricións a causa da Covid-19, non foron poucos os que se resistiron a ver este sorteo tan peculiar, sempre cumprindo as medidas de seguridade.

Tras 40 minutos dando voltas a vaca cagou, finalmente, no número 122 da serie I, polo que resultaron gañadoras cinco persoas que pusuían tícket pola compra no comercio localOs afortunados foron Concepción Domínguez, Francisco Lorenzo, Rafa González, Monserrat Conrado Tamerón e Celestino. Os premios sumaban un total de 1.000€, repatidos en cinco de 200€. A maiores, sacáronse dez números ao azar por se os agraciados non reclamaban o premio ter suplentes. No caso de que sexa así o Concello porase en contacto cos novos gañadores.

PHOTO-2021-01-05-18-12-07Vacas do sorteo dos 1.000€ do comercio local na Mezquita. | FOTO: María José.

Dende A Mezquita avisan que teñen a intención de realizar este sorteo, novamente, o próximo ano e se todo vai ben mantelo a longo prazo. Ademais disto tamén estiveron os Reis Magos dándolles caramelos aos máis pequenos da localidade.

Unha cagada de 1.000 euros!