martes 11/05/21
Será este mércores a partir das 15:30 horas no pavillón polideportivo da localidade

O Sergas realizará un cribado masivo a 400 persoas na Mezquita

O incremento de casos activos no concello da Mezquita preocupa aos seus responsables e tamén ás autoridades sanitarias, que veñen de anunciar un cribado masivo este mércores dende ás 15:30 horas no pavillón polideportivo

El pasado martes, 276 personas se sometieron a un cribado en el municipio de Oímbra. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
O último municipio do distrito en someterse a un cribado masivo foi o de Oímbra -na imaxe-. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Entre 350 e 400 persoas do Concello da Mezquita con idades comprendidas entre os 18 e os 74 anos están sendo xa citados polo Sergas para participar no cribado que as autoridades sanitarias teñen programado para este mércores a partir das 15:30 horas no pavillón municipal de deportes do concello

Nunha semana, os casos activos no municipio pasaron dos dous que se rexistraban o pasado luns 22 de febreiro aos oito que teñen contabilizados neste primeiro día de marzo. 

 

A Gudiña espera mudar de nivel en horas

O rexedor da Gudiña, José María Lago, que o pasado venres vía con resignación como o seu concello quedaba no máximo nivel de restricións -que impide que os bares e restaurantes volvesen á actividade-, agarda que nas vindeiras horas e logo da revisión que realice o comité clínico, A Gudiña pase ao nivel medio unha vez que os casos activos declarados a un de marzo son tan só de dous. 

Vilardevós, o único concello da comarca con cero casos

Na comarca de Monterrei, marzo comeza nunha liña similar a como rematou febreiro, onde son Verín e Cualedro os que mudan rexistros. O primeiro dos concellos, para baixar ata os 13 casos activos. No segundo, para incrementar nun a súa conta, situándose en cinco a día de hoxe

Vilardevós é o único municipio da comarca de Monterrei que arestora mantense sen casos de coronavirus.

 

O Sergas realizará un cribado masivo a 400 persoas na Mezquita
comentarios