sábado. 20.04.2024
A residencia San Martiño, da Mezquita, foi a primeira da comarca en recibir a vacina.
A residencia San Martiño, da Mezquita, foi a primeira da comarca en recibir a vacina.

Os once equipos especiais de vacinación da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco completaron este mércores a segunda xornada da primeira fase desta campaña "sen ningunha incidencia destacada", tras vacinar a preto de 750 persoas de distintos centros. Nas comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras, os anciáns e traballadoras da residencia San Martiño da Mezquita foron os primeiros en recibila. 

A furgoneta cas vacinas, nada máis chegar á Mezquita.

Pouco despois das oito da mañá chegaba ás instalacións do centro propiedade da Fundación San Rosendo unha pequena furgoneta blanca que viaxaba escoltada por efectivos da Policía Nacional. Minutos antes chegara un dos equipos do Sergas destinados á campaña de vacinación da covid enviados dende o centro de saúde de Verín, que entre outras medidas, tiñan que verificar que as vacinas chegaban dende Santiago -de onde partiran- coa temperatura idónea para seren suministradas, ademais de comprobar que en ningún momento se rachara a cadea de frío das mesmas. Pasadas as 8:45 horas comezaba a vacinación de todos os anciáns e persoal do complexo asistencial da Mezquita, 80 en total.

Sonia Atanes, a súa directora, expresaba a esta redación a "fantástica acollida, tanto por parte do persoal como dos maiores e dos seus familiares, que non dubidaron en ningún momento en facer un pouquiño de historia converténdose nos primeiros da comarca que reciban a vacina", sinalou.

Este xoves, último día de 2020, os equipos volverán ao traballo desde primeira hora para vacinar a unhas 700 persoas de 15 residencias de maiores e discapacitados, así como vivendas comunitarias, de diferentes puntos da provincia.

A residencia San Martiño, na Mezquita, a primeira do distrito sanitario en recibir a...