Xoves. 28.03.2024
A Mezquita-subdelegado-alcalde
Emilio González (esquerda), co alcalde do municipio, Rafael Pérez.

O alcalde da Mezquita, Rafael Pérez Vázquez, reuniuse este mércores co subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, para abordar varios temas, entre eles, a posta en marcha de tres actuacións para a mellora da eficiencia enerxética na localidade, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Neste encontro, ambos representantes tamén abordaron os datos recabados entre o 2 de marzo e un de maio de control de vehículos polo paso fronteirizo de Manzalvos con Vinhais durante as restricións ditadas polas autoridades pola pandemia. Dos 683 vehículos e 874 persoas, as autoridades denegaron a entrada a 21 delas.

Segundo sinalou o subdelegado, os tres proxectos, cuxo importe de subvención ascende a 458.807,39 euros, irán adicados á renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior no termo municipal. Esta iniciativa enmárcanse dentro da liña de axudas que o Goberno destina ás entidades locais para favorecer o paso a unha economía baixa en carbono dentro do programa Feder de Crecemento Sostible 2014-2020.

Banda ancha en Santigoso

Durante a reunión, tamén abordaron outros temas de interese para A Mezquita como é a ampliación da red de banda ancha de alta velocidade nas zonas rurais. Este programa impulsado polo Goberno, que conta cun orzamento de 1,8 millóns de euros na convocatoria de 2020, está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Niste caso, o Concello da Mezquita acometerá a instalación da banda ancha en Santigoso.

Durante todo ese período os desprazamentos de proximidade e de traballadores transfronteirizos con causa xustificada supuxeron a tónica xeral (Emilio González, subdelegado do Goberno en Ourense)

Finalmente, en materia de seguridade cidadá, Emilio González destacou que "durante todo ese período os desprazamentos de proximidade e de traballadores transfronteirizos con causa xustificada supuxeron a tónica xeral" durante as pasadas restriccións derivadas do coronavirus.

Nos dispositivos de vixilancia levados a cabo no pasos fronteirizo, en A Mezquita, entre o 2 de marzo e o 1 de maio as forzas de seguridade controlaron un total de 683 vehículos e 874 persoas e denegaron a entrada a 21 delas. Con todo, o subdelegado destacou o "índice baixo de delitos" neste concello. 

A Mezquita adicará 458.807 euros á mellora enerxética