jueves. 25.04.2024
piscina_mezquita
piscina_mezquita

O Concello da Mezquita abre este luns 5 de julio as piscinas municipais descubertas, despois da importante reforma realizada o ano pasado, que comprendeu melloras no vaso grande e diferentes traballos de acondicionamento.

Trátase da "primeira vez" que as piscinas da Mezquita abren "tan pronto", a principios de xullo, e o rexedor Rafael Pérez, confía en que "todo o mundo desfrute das instalacións completamente renovadas". 

A reforma consistiu "na mellora do vaso grande para eliminar as pérdidas que tiña, ademáis forrouse por dentro, porque aínda tiña o encofrado antigo e arranxáronse as aceras. En definitiva, unha reforma considerable". 

As instalacións, emplazadas ao carón do centro educativo, abrirán de luns a domingo en horario de tarde, de 15:00 a 20:30 horas, atendendo ás actuais indicacións sanitarias no tocante ós aforos. As piscinas contan con dous vasos -un grande e outro pequeno- e amplas zonas para desfrute dos usuarios. 

Para acceder ó recinto, os adultos teñen que pagar 2 euros mentres que a entrada para os menores custa un euro. Tamén pódense adquirir bonos de tempada por 10 euros -menores de 18- e 20 euros, os adultos. Os maiores de 65 e nenos de ata seis anos entran gratis

En canto o resto da comarca, o Concello de Viana abriu o pasado 25 de xuño as súas piscinas mentres que na Gudiña están á espera da autorización de Sanidade. Desde o consistorio, confían en abrir as instalacións esta próxima semana. Por outra banda, en Vilariño de Conso, os veciños poden desfrutar da piscina fluvial, con entradas e saídas independentes pola covid. 

A Mezquita abre este luns as renovadas piscinas municipais