miércoles. 24.04.2024
A celebración deste mércores 5 de agosto coincide co festivo local no día adicado á Virxe das Neves

A Mezquita estréase no calendario de feiras artesanais coa súa particular: "Artesanato"

O evento, que contará con todas as medidas de protección e saúde pública, incluirá actuacións para toda a familia, música en directo e ata unha proxección sobre a Raia, que promove o coñecemento da historia e a paisaxe local así coma o consumo da cultura audiovisual galega.

Os postos artesanais na Mezquita listos para acoller a I Feira Artesanal "Artesanato" este mércores, 6 de agosto. | FOTO: Cedida.
Os postos artesanais na Mezquita listos para acoller a I Feira Artesanal "Artesanato" este mércores, 5 de agosto. | FOTO: Cedida.

Mañá mércores, 5 de agosto, é festivo local e celébrase a tradicional feira na localidade: durante a mañá, os postos convencionais poderán convivir cos de artesanía. A partires das 18:00 horas, o protagonismo será para "Artesanato" e o gremio mesteiral.

Ao evento acudirán Daniel Blanco e Óscar Páez, os profesionais que presentan o espectáculo de novo circo coñecido como Crunch! A actuación comezará ás 20:00 horas e está destinada tanto a público familiar como a infantil. 

O humor e a técnica acróbata da compañía Muu irán acompañados cunha proxección, ás 21:00 horas, da obra de Iván Castiñeiras "A Raia". Trátase dunha curtametraxe que data de 2012 e que fai un percorrido pola cultura e a natureza da fronteira entre Galicia e Portugal. O director e guionista leva as paisaxes da raia á gran pantalla, cunha técnica aclamada pola crítica internacional.

A música irase presentando ao longo da tarde, na súa vertente máis tradicional da man da Banda de Gaitas de Lubián e a Foliada Tradicional A Mezquita. Os sons máis modernos achegaraos "Brassica Rapa" coa súa actuación, prevista para as 21:30 horas. A brass band está composta íntegramente por mulleres que tocan instrumentos de vento metal e percusión e buscan darlle unha volta ao concepto convencional de charanga.

Un proxecto a un e outro lado da raia

O proxecto inicial do Concello da Mezquita para esta data, era organizar unha feira galego-portuguesa, en colaboración coa vila de Vinhais, pertencente ao Distrito de Braganza: o evento tamén promovía o oficio dos mesteirais e pretendía colocar postos de artesanía a ambos lados da fronteira.

A crise sanitaria provocada pola COVID obrigou a cancelar os plans e poñer fin a esta idea que podería ter sido moi proveitosa; pero non foi razón suficiente para ter que cancelar a idea que promove "Artesanato" e que persegue a difusión da cultura e a artesanía locais. 

A Mezquita estréase no calendario de feiras artesanais coa súa particular: "Artesanato"