venres 15/01/21
O Concello organizou unha campaña de potenciación do comercio local no que participan uns trinta establecementos

Mercar na Mezquita neste Nadal ten un premio de 1.000 euros

Mil euros repartidos en cinco premios de 200. Uns trinta establecementos participan nunha campaña de potenciación do comercio local neste Nadal do 2020. É a primeira vez que o Concello da Mezquita organiza unha actividade tal, financiada integramente con fondos das arcas municipais. 

Folletos e unha das urnas espalladas polos comercios da Mezquita.
Folletos e unha das urnas espalladas polos comercios da Mezquita.

O Concello da Mezquita vén de pór en marcha, por primeira vez, una campaña de potenciación do seu comercio de proximidade e na que se premiará o consumo local con ata 1.000 euros que aporta, de xeito íntegro, a institución municipal. Máis de trinta establecementos da localidade reparten xa estes días papeletas numeradas para o sorteo que terá lugar, dun xeito -din- "distinto", o vindeiro 5 de xaneiro do 2021 na explanada do colexio público local. 

Di o seu alcalde, Rafael Pérez, que "a crise económico-sanitaria producida pola COVID - 19 fai necesario que a totalidade da poboación poña da súa parte para reactivar a nosa economía, que non é outra que o comercio de proximidade. Por iso, decidimos pór en marcha, entre outras, esta iniciativa que ten como obxectivo contribuír á dinamización deste sector durante a campaña de Nadal 2020".

DSC_0585 (FILEminimizer)Rafael Pérez Vázquez, o alcalde nacionalista da Mezquita, nunha foto de arquivo, na primeira feria "Artesanato". | FOTO: Noelia Caseiro. 

A crise económico-sanitaria producida pola COVID - 19 fai necesario que a totalidade da poboación poña da súa parte para reactivar a nosa economía, que non é outra que o comercio de proximidade (Rafael Pérez Vázquez, alcalde da Mezquita polo BNG)

Todas as clientas e clientes, maiores de 18 anos e que realicen as súas compras ou consumicións nos negocios da localidade terán dereito a recibir unha papeleta (ou varias), segundo o importe do seu gasto: 

  • Gasto de ata 10 €           ............... 2 tíckets
  • Gasto de 11 € a 30 €      ................3 tíckets
  • Gasto de 31 € a 40 €      ................4 tíckets
  • Gasto superior a de 41 € ..............5 tíckets

Non poderán participar no sorteo os empresarios coas papeletas que lle foron asignadas ao seu negocio, así como tampouco poderán participar nin os seus cónxuxes, ascendentes e descendentes, ata o primeiro grado (incluído), nin os seus empregados.

Os empresarios facilitarán os tíckets aos consumidores, que deberán cubrilos cos seus datos (nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto) e introducilos nunha urna deseñada para este fin.

Un sorteo "distinto"

Os empresarios teñen ata o día 4 de xaneiro ás 14:30 horas para entregar nas oficinas do Concello as urnas con todos os tíckets. A realización do sorteo levarase a cabo o sábado día 5 de xaneiro do 2021 ás 12:00 horas nos exteriores do Colexio Augusto Assía, dun xeito "distinto" e deberán estar dous representantes dos empresarios e dous representantes da administración local (elixidos previamente polas empresas adheridas á campaña), ademais de quen queira participar como público.

 

Dende as oficinas municipais e ata as 14:30 do día 7 de xaneiro localizarase aos premiados para que acudan ao Concello a que se lles faga entrega do respectivo talonario. Chamarase aos primeiros premiados e non caso de non seren localizados, intentarase cos suplentes.

O prazo para facer uso do premio remata o día 30 de xaneiro do 2021.

Mercar na Mezquita neste Nadal ten un premio de 1.000 euros
comentarios