sábado. 20.04.2024
O Concello da Mezquita continúa poñendo en valor o Castelo de Santigoso.
Castelo de Santigoso. | FOTO : Cedida.

A Xunta de Goberno da deputación de Ourense aprobou hoxe unha axuda por un importe de preto de 18.000 euros para iniciar actuacións arqueolóxicas no Castelo Pequeno de Santigoso, no Concello da Mezquita. Esta subvención forma parte dunha serie de ayudas aprobadas pola deputación de 400.000 euros para a execución de programas e proxectos no ámbito da cooperación local.  

De ir adiante, estas actuacións darían continuidade os traballos que ven facendo Citania Arqueoloxía e Xestión de Patrimonio S.L, no Castelo de Santigoso nos últimos anos neste asentamento, que foi obxecto de numerosas intervencións. 

Nos últimos anos, os traballos desenvolvidos polos arqueólogos nesta zona permitiu sacar á luz un castro, cunha superficie aproximada de dez hectáreas e tamén una "fusaiola ónica" ademáis de varios petroglifos e restos defensivos, que estarían datados da Idade de Ferro mentres que o Castelo Grande corresponderíase coa Idade de Bronce. Con esta nova actuación, o Concello busca por en valor esta "peza importantísima", segundo resaltan desde o consistorio. 

Polo momento, a entidade encargada de realizar os traballos nesta área, Citania Arqueoloxía, está ultimando a redacción do proxecto para su posterior remisión á Dirección Xeral de Patrimonio, dependente da Xunta de Galicia, que terá que autorizar a intervención. 

Preguntado ao respecto, o arqueólogo e director da intervención, Israel Picón, de Citania Arqueoloxía e Xestión de Patrimonio S.L, sinala que o obxecto desta actuación abrangue “excavacións en área, consolidación da muralla defensiva do castro e posta en valor, rozado, baixo control arqueolóxico, e prospección con gradiómetro, que pode ser moi interesante”, comenta. 

A actuación estenderíase por un plazo de tres semanas e falta por definir o equipo que encargarase de facer os traballos. 

Luz verde para actuacións arqueolóxicas no Castelo Pequeno da Mezquita