martes 09/03/21
A Xunta de Galicia vén de facer pública a actualización da lista de concellos segundo a súa incidencia

A Gudiña manterase este venres no nivel un de restricións e A Mezquita sobe ao dous

Ningún concello da comarca de Monterrei estará noutro nivel que non sexa o tres de restricións. Pola contra, na de Conso-Frieiras, A Gudiña figurará no máximo dende este venres e A Mezquita e Viana do Bolo, no segundo, que non permite abrir bares e restaurantes no interior polo momento. 

Restaurante Vía de la Plata, en O Pereiro (A Mezquita). | FOTO:  Noelia Caseiro.
Restaurante Vía de la Plata, en O Pereiro (A Mezquita). | FOTO: Noelia Caseiro.

A Xunta de Galicia vén de actualizar os datos epidemiolóxicos de cada un dos concellos galegos e de facer lixeiros axustes nos niveis nos que este venres entrarán os respectivos municipios da comunidade autónoma. Así, A Gudiña permanece no nivel máximo de restricións e o seu veciño concello da Mezquita figura engadido naqueles municipios de nivel dous xunto con Viana do Bolo. O resto das localidades do distrito sanitario de Verín aparecen na listaxe da Xunta de Galicia no nivel mínimo de restricións, o tres.  

  • Nivel máximo: a hostalería permanecerá pechada, non estarán permitidas as reunións de non conviventes e queda prohibido moverse fóra do concello. 

 

  • Segundo nivel: a hostalería abre, só nas terrazas, cun aforo do 50% e ata as 18:00 horas. Permítese a mobilidade entre concellos coa mesma incidencia e as reunións poderán ser de ata catro persoas non conviventes. 

 

  • Terceiro nivel: reunións de non conviventes cun máximo de 4 persoas. Abren bares e restaurantes no interior ata o 30% de ocupación, 50% no exterior e coas barras pechadas, ata as 18:00 horas. Permítese a mobilidade entre concellos do mesmo nivel e catro non conviventes poderán facer deporte xuntos, pero con máscara. 

A Gudiña manterase este venres no nivel un de restricións e A Mezquita sobe ao dous
comentarios