luns 12/04/21
Estará aberta en dúas franxas horarias para facilitar o tránsito de traballadores a un e outro lado do paso fronteirizo

O Goberno portugués autoriza a apertura da fronteira de Vinhais por A Mezquita dende o día 2 de marzo

Protesta fronteira Vinhais
Acto simbólico de protesta polo peche da fronteira entre Vinhais e A Mezquita, o pasado luns 22 de febreiro. | FOTO: M. Ceballos.

A Cámara Municipal de Vinhais vén de informar que dende o vindeiro 2 de marzo estará de novo aberta, un par de veces ao día, o paso fronteirizo de Moimenta por Manzalvos (A Mezquita). Así o anunciou o presidente da veciña administración local lusa, Luís Fernandes, nun comunicado oficial. Polo de agora descoñécese en que franxa horaria permanecerá aberta.

O presidente da Cámara lusa, cos alcaldes dos municipios galegos da Mezquita, Gudiña e Riós, participou o pasado luns 22 de febreiro nun acto simbólico de protesta, precisamente no paso frontreirizo que dende o vindeiro martes estará xa aberto para o tránsito de todas aquelas persoas que xustifiquen os desprazamentos entre Portugal e España. 

O Goberno portugués autoriza a apertura da fronteira de Vinhais por A Mezquita dende o...
comentarios