O punto exacto é o km 120 da A-52
A Garda Civil controla os accesos a Galicia pola A-52 na Mezquita
26 de marzo de 2021 (19:04 h.)
Neste momento, a Garda Civil está levando a cabo controis de mobilidade no concello da Mezquita, considerada a porta de Galicia para os vehículos procedentes da meseta.
O punto exacto destes é o quilómetro 120 da autovía A-52 (Benavente-Porriño), estrada sentido Porriño, no termo municipal da Mezquita.
Este venres 26 de marzo entraron en vigor as restriccións de mobilidade entre comunidades autónomas, agás nas illas Canarias, Baleares e Madrid.