sábado 23/01/21
En Oímbra e Viana do Bolo os reis "pelarán" de frío visitando un por un aos cativos de todo o municipio

Escatolóxico método para coñecer quen serán o gañadores dos 1.000 euros do comercio local da Mezquita

A Mezquita, Viana do Bolo e Oímbra continuarán coa programación establecida, sempre cumprindo coas medidas e o protocolo de seguridade fronte á pandemia

Programación de Reis por Concello.| FOTO: Paula Morales.
Programación de Reis por Concello.| FOTO: Paula Morales.

Tras o aumento da curva de contaxios a causa da Covid-19 moitos concellos decidiron cancelar a súa programación de Nadal e, concretamente, a do día 5 de xaneiro que se corresponde coa Cabalgata de Reis. Sen embargo, hai outros concellos nos que a incidencia é menor, polo que decidiron seguir adiante co previsto, sempre cumprindo coas medidas e o protocolo de seguridade fronte á pandemia. 

A Mezquita é un destes concellos, que ademais de realizar a Cabalgata de Reis a partir das 12:00 horas fronte ao CEIP Augusto Assía, tamén realizarán un sorteo do comercio local un pouco diferente. Desta volta as vacas serán as protagonistas, pero principalmente a súa caca. Basicamente habilitarase unha parcela dividida en cuadrículas e numeradas, e cando a vaca cague, sobre algún dos números correspondente cos tíckets repartidos, haberá gañadorOs premios suman un total de 1.000 € repartidos en cinco de 200 €. O rexedor municipal, Rafael Pérez, desexoulle "moita merda a todos os concursantes".  

O único que podo desexarlle aos concursantes é moita merda (Rafael Pérez, alcalde da Mezquita)

Para evitar aglomeracións en Viana do Bolo retransmitirán a recepción aos Reis Magos pola Youtube do Concello. Despois percorrerán os pobos máis cercanos e finalmente realizarán un desfile en Viana do Bolo sobre as 19:00 horas.

O último concello que se suma as celebracións de Nadal é Oímbra que recorrerá os pobos levando regalos aos máis pequenos. Entre as 10:45 horas e as 17:15 horas pasarán por Videferre, Espiño, Bousés, Casas dos Montes, A Granxa, As Chas, Rabal e Terrón, San Cibrao e O Rosal. Finalmente volverán a Oímbra ás 18:00 horas.

Programación de reis por concello (3)

Escatolóxico método para coñecer quen serán o gañadores dos 1.000 euros do comercio...
comentarios