Só hai que mandar unha mensaxe ao 696 219 825

O Concello da Mezquita crea unha lista de difusión en WhatsApp para informar á veciñanza

Casa do Concello da Mezquita.

O Concello da Mezquita vén de poñer en marcha unha iniciativa para achegar toda a información municipal á veciñanza. A través das redes sociais, en concreto WhatsApp, disporán dunha canle de comunicación para que estén ao tanto das últimas novidades.

Para recibir toda a información só hai que enviar unha mensaxe ao WhatsApp do número 696 219 825, na que solicitarán acceder á lista de difusión do Concello. Unha vez incluído o contacto nela, todas as novidades que se compartan por esta vía chegarán aos móbiles da veciñanza que se atope na lista de difusión.

A través deste servizo informarase de actividades que se levarán a cabo na Mezquita, enviaranse os bandos publicados e tamén se compartirán todas as novas relacionadas coa localidade.

Novo servizo do Concello da Mezquita para recibir as últimas novidades municipais.