viernes. 19.04.2024
PHOTO-2021-05-26-09-15-03 (3)
O xefe do servizo de Sanidade Vexetal, José Martel, acompañado polo alcalde da Mezquita, Rafael Pérez, e polos representantes das comunidades de montes. | FOTO: M. Ceballos

Varios veciños da Mezquita participaron no día de onte nunha charla para coñecer de primeira man como loitar contra a 'vespiña' do castiñeiro na zona e, acto seguido, procederon a unha solta controlada do parasitoide Torymus sinensisdentro da campaña para loitar contra este insecto. 

A presentación, impartida polo xefe do servizo de Sanidade Vexetal da Xunta de Galicia en Chaguazoso, José Martel, contou coa participación dunha trintena de persoas que quixeron coñecer in situ como hai que realizar este tipo de soltas controladas do parasitoide. 

As diversas preguntas tiveron que ver coas formas de reprodución e custo que ten o Torymus para poder combater de maneira eficaz a 'vespiña'. E é que, o prezo de cada un destes parasitoides rolda o euro por unidade.

PHOTO-2021-05-26-09-15-02A solta do parásito Torymus sinensis, que loita contra a 'vespiña' do castiñeiro. | FOTO: M. Ceballos

"Non se trata de botar Torymus en tódolos soutos e en tódolos sitios. Trátase de establecer unha poboación viable para que eles, de maneira natural, comecen a reproducirse e a colonizar", asegurou Martel, quen aclarou que o máis importante é que o parasitoide "se asente nunha poboación" e non tanto realizar soltas en moitos lugares diferentes.

Estudo piloto

Na actualidade, o concello da Mezquita continúa traballando nun estudo piloto, que iniciou o pasado ano, á marxe dos que realiza a Xunta, para poder coñecer o grao de afección nos seus soutos e a situación de parasitación do Torymus sinensis. Este proxecto, un dos primeiros que realiza un concello galego, ten como finalidade proceder á solta controlada este ano e alcanzar o obxectivoSegundo detalla o alcalde, Rafael Pérez, a Diario do Támega, "non vale de nada mercar un montón de Torymus senón saber soltalo no momento adecuado".

O Concello traballa xa nunha segunda fase para cuantificar a afección da 'vespiña' do castiñeiro. A finalidade, tal e como indicou Pérez na presentación, é conseguir "cuantificar a cantidade que fai falta" deste parasitoide e así "plantexárllelo á comunidade de montes e ao concello". Tamén se abordou a necesidade de ser coidadosos coas podas naquelas zonas nas que se fixeron as soltas, co fin de evitar baixas do parásito para que a loita poida ser efectiva.

Dende 2015, a Consellería de Medio Rural traballa dende o Servizo de Saúde e Vitalidade do Monte da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal en tratar de controlar esta praga. De feito, o departamento autonómico adica máis de 2,2 millóns de euros para loitar contra a 'vespiña' mediante a solta de 1,6 millóns de individuos deste parásito.

O concello da Mezquita prepárase para combater a 'vespiña' do castiñeiro