mércores 26.02.2020

O CEIP Augusto Assia da Mezquita deseña o cartel oficial do “Desfile Infantil” do Entroido 2020 de Verín

O "Desfile Infantil" do Xoves de Comadres do Entroido 2020 xa ten cartel oficial. Esta vez foi deseñado polo CEIP Augusto Assia da Mezquita.

Cartel oficial do "Desfile Infantil" do Entroido de Verín 2020.
Cartel oficial do "Desfile Infantil" do Entroido de Verín 2020.

O CEIP Augusto Assia da Mezquita deseñou o cartel oficial que representará o vindeiro "Desfile Infantil" do Entroido 2020, que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín. Nesta ocasión, do mesmo xeito que na anterior edición, os representantes dos centros educativos que participan no desfile decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile, o CEIP Augusto Assia da Mezquita.

Tras a elaboración de tres carteis, representantes dos CEIPs Amaro Refojo, Castrelo do Val, Princesa de España, Riós - Vendas da Barreira, Rodolfo Núñez de Vilardevós, CPR María Inmaculada, CRA Monterrei, Casas Niño de Cualedro e Vilardevós (Lalá), Gardaría da Asociación Tres Reinos de A Mezquita, Gardaría Pinocho, Kero Kolo do Concello de Verín e os IES García Barbón e Taboada Chivite seleccionaron mediante votación o cartel desta edición.

DESFILE-INFANTIL-2020O cartel elixido para o "Desfile Infantil" do Entroido 2020.

O centro educativo recibirá un vale de 400 euros para material escolar, a adquirir en establecementos do Concello de Verín.

O CEIP Augusto Assia da Mezquita deseña o cartel oficial do “Desfile Infantil” do...
comentarios