luns 21/06/21
Piden que o paso se faga nuns horarios consensuados, para permitir a entrada e saída dos traballadores e persoas que o precisen

Os alcaldes da Mezquita, Riós e A Gudiña reclaman a reapertura da fronteira con Portugal por Vinhais

Polo momento, é necesario desprazarse a máis de 300 quilómetros, entre ida e volta, ata chegar ás aperturas máis próximas que son: Quintanilha, Bragança e Vila Verde da Raia en Chaves.

PHOTO-2021-02-22-12-35-29
Rafael Pérez Vázquez, José María Lago e Francisco Armando Veiga Romero, reunidos co presidente da Cámara Municipal de Vinhais, Luís dos Santos Fernandes, para conseguir a reapertura do paso fronteirizo de Manzalvos e Moimenta (Portugal). | FOTO: María José.

O alcalde da Mezquita, Rafael Pérez Vázquez, xunto co da Gudiña, José María Lago, e o de Riós, Francisco Armando Veiga Romero, acaban de reunirse co presidente da Cámara Municipal de Vinhais, Luís Dos Santos Fernandes. A intención é conseguir a reapertura do paso fronteirizo de Manzalvos e Moimenta (Portugal), aínda que sexa por unhas horas, para permitir a entrada e saída dos traballadores e persoas que o precisen. A reunión estivo seguida dun minuto de silencio por todos aqueles que non poden cruzar. 

PHOTO-2021-02-22-12-35-29 (1)Rafael Pérez Vázquez, José María Lago e Francisco Armando Veiga Romero, reunidos co presidente da cámara municipal de Vinhais, Luís Dos Santos Fernandes, para conseguir a reapertura do paso fronteirizo de Manzalvos e Moimenta (Portugal). | FOTO: María José.

O propio alcalde da Mezquita mencionaba que son ''conscientes da dificultade da situación e do complicada que pode ser a xestión, pero estamos nunha zona na que a xente traballa dun lado e doutro, e se lle complica a vida''. Así mesmo, a súa intención non é que a fronteira sexa aberta as 24h, xa que teñen en conta a presencia das restricións anticovid. Máis ben, piden que o paso se faga nuns horarios consensuados, para que a xente poida transitar. "Non ten sentido que unha persoa que viva a un kilómetro do seu traballo pero ao outro lado da fronteira, teña que facer cento e pico kilómetros para ir ou volver do traballo co risco engadido que supón, cando se cruza por Manzalvos minimízao moitísimo", di o rexedor da Mezquita.

Estamos nunha zona na que a xente traballa dun lado e doutro, e se lle complica a vida (Rafael Pérez Vázquez, alcalde da Mezquita)

Polo momento, as persoas que teñan que cruzar deben desprazarse a máis de 300 quilómetros, entre os desprazamentos de ida e de volta, ata chegar ás aperturas máis próximas que son: Quintanilha, Bragança e Vila Verde da Raia en Chaves. O presidente da Cámara Municipal de Vinhais, Luís Dos Santos Fernandes suxería que ''é importante ter unha fronteira aberta que permitise que as persoas que traballan nun lado e noutro tivesen forma de pasar máis facilmente. A idea é que a fronteira estivese aberta aínda que fose dúas horas pola mañá e dúas pola noite''.

A idea é que a fronteira estivese aberta aínda que fose dúas horas pola mañá e dúas pola noite (Luís Dos Santos Fernandes, presidente da Cámara Municipal de Vinhais)

Os alcaldes da Mezquita, Riós e A Gudiña reclaman a reapertura da fronteira con...
comentarios