Venres. 29.03.2024
O alcalde da Gudiña, o popular José María Cabo Lago. | FOTO: Iván Iglesias.
O alcalde da Gudiña, o popular José María Lago. | FOTO: Iván Iglesias.

O alcalde de A Gudiña, José María Lago, acaba de confirmar a Diario do Támega que xa está en marcha o proxecto para a construción dunha nova residencia de anciáns na localidade. No día de hoxe aprobouse a licitación da primeira fase da obra que, segundo o alcalde, comezará aproximadamente en dous meses. Segundo Lago, o obxectivo é construír unha pequena residencia autónoma, propia do Concello e sen prazas concertadas para cubrir as necesidades da comarca. O propósito de Lago é que "todos os veciños da Gudiña teñan prioridade con respecto a persoas doutros lugares á hora de acceder a ela".

Para isto, remodelaranse as vellas escolas da localidade e rehabilitarán o que antigamente eran as casas dos profesores. Trátase dun proxecto subvencionado que, para as primeiras fases, contará cun investimento de 200.000 euros (185 mil para execución e 15 mil para outros propósitos) e que previsiblemente estará rematado para o 2022. "Non me gusta falar de datas porque poden xurdir retrasos, pero intentaremos que estea construída entre este ano e o que vén", dixo o alcalde. 

Serán, nun principio, un total de 16 prazas, pero o proxecto ideado dende o Concello contempla a súa ampliación ata as 30

A GUDIÑA-RESIDENCIA-ESCOLAS VELLASA nova residencia construirase nas vellas escolas da localidade. 

A Gudiña estreará unha residencia pública de anciáns no 2022