luns 12/04/21
O comité clínico vén de revisar o nivel de risco de cada municipio na reunión deste martes

A Gudiña, A Mezquita e Viana do Bolo pasan ao nivel máis baixo de restricións

Dendo o vindeiro venres día 5 de marzo, os concellos da Gudiña, Mezquita e Viana do Bolo estarán no nivel medio de restricións, o máis baixo dos tres.

Alberto Núñez Feijóo participou, esta tarde, no comité clínico, con Julio García Comesaña e Fabiola García, conselleiros de Sanidade e Política Social.
Alberto Núñez Feijóo participou, esta tarde, no comité clínico, con Julio García Comesaña e Fabiola García, conselleiros de Sanidade e Política Social, respectivamente.

A comarca de Conso-Frieiras terá, dende o venres, a todos os seus municipios no nivel tres, ou o que é o mesmo, o máis baixo das restricións.

O comité clínico vén de revisar a situación epidemiolóxica de cada un, e permite que a hostalería da Gudiña volva a abrir as súas portas e o seu municipio deixe de estar pechado perimetralmente. A Mezquita e Viana do Bolo baixan un chanzo e sitúanse no nivel medio, e poderán abrir tamén no interior ao 30 por cento os seus bares e restaurantes. 

Cribado masivo a unhas mil persoas

Unhas mil persoas, 600 na Gudiña e 400 na Mezquita, están chamadas este mércores a participar no cribado masivo que o Sergas organiza nos dous concellos dende as 15:30 horas. Os seleccionados para a proba deberán acudir aos pavillóns polideportivos das localidades correspondentes

Niveis decretados en vigor

Galicia conta, actualmente, con tres niveles de restricións. Os concellos cunha incidencia de máis de 500 casos por 100.000 habitantes son os que están pechados perimetralmente, teñen a hostalaría pechada (salvo servizo a domicilio e para levar) e neles están prohibidas as reunións de non conviventes.

O nivel dous de restricións implica mobilidade entre concellos con ese mesmo rango (de entre 250 e 500 casos por 100.000 habitantes), hostalaría aberta só en terrazas e reunións de até catro non conviventes.

O nivel tres (o menos restritivo), para os concellos con incidencia por baixo de 250, implica mobilidade a todos os puntos de Galicia (salvo que teñan maior incidencia), hostalaría aberta (50 por cento en terrazas e 30 por cento en interiores) e reunións de até catro non conviventes.

A Gudiña, A Mezquita e Viana do Bolo pasan ao nivel máis baixo de restricións
comentarios