luns 21/06/21
É o único concello do distrito sanitario que mantén o máximo nivel de restrición

A Gudiña seguirá pechada perimetralmente e sen bares nin restaurantes

O alcalde da Gudiña, José María Lago, vén de asinar un bando no que comunica que realizará todas as xestións oportunas para saír do nivel máximo de restricións o antes posible.

gudi
Entrada da localidade da Gudiña dende Verín pola Nacional 525.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vén de explicar as últimas novidades das medidas restritivas que aínda se manterán na comunidade autónoma. 

Fixo unha diferenciación en función dos casos de incidencia acumulada por 100.000 habitantes, para así establecer as limitacións vixentes. A Gudiña será o único concello do distrito sanitario que se manterá pechado perimetralmente, ca hostalería totalmente clausurada e cas reunións só de conviventes

A decisión do comité clínico, anunciada polo presidente da Xunta, non gustou nada no Concello da Gudiña. O seu rexedor, José María Lago, vén de asinar un bando no que comunica que xa se están a facer as xestións oportunas para solicitar a saída do nivel máximo de restricións

 

A Gudiña seguirá pechada perimetralmente e sen bares nin restaurantes
comentarios