O accidente tivo lugar no kilómetro 130, pasadas as dúas da tarde, e provocou importantes retencións

Dous feridos leves ao colidir un todoterreo cun tráiler, na A - 52 preto da Gudiña

Así quedó el frontal del vehículo que impactó, por detrás, con el camión frigorífico.

Dous ocupantes dun vehículo todoterreo resultaron feridos leves logo de que colidiran, por alcance, cun camión frigorífico no kilómetro 130 da autovía A-52, preto da saída cara a Gudiña. 

Dous feridos de escasa consideración -aínda que precisaron ser trasladados ao hospital de Verín logo de inicialmente ser atentidos no punto de atención continuada de A Gudiña- é o resultado do sinistro de tráfico que este mediodía, no kilómetro 130 da autovía A-52 á altura do Concello da Gudiña, tivo lugar logo de impactar un vehículo todoterreo no semirremolque dun tráiler que o precedía. 

O sinistro tivo lugar pouco antes da saída cara a Gudiña da A-52.

Segundo as primeiras informacións, o automóbil marca Nissan colidiu por alcance cun camión tráiler frigorífico por causas que aínda se investigan pouco antes da saída cara A Gudiña, no punto kilométrico 130 sentido Madrid

Ata o lugar do accidente se desprazaron, ademáis dos servizos médicos e unidades do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) da Gudiña, axentes do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín.