CORONAVIRUS | Un gromo familiar dispara os casos na Gudiña

Casa do Concello da Gudiña.

Os casos activos no Concello da Gudiña dispáranse nesta xornada debido a un gromo detectado nunha unidade familiar. Mantiveron durante o que levamos de semana un total de cinco casos activos e hoxe suman outros tantos ata chegar ao total de dez.

No Concello da Mezquita duplican o único caso activo que tiñan e anotan dous. Ambos concellos suman, polo tanto, 12 casos activos de Covid-19.