Convocada na Gudiña unha xuntanza para botar a andar unha plataforma cidadá en defensa do AVE
Todas aquelas que vexan que coa posta en marcha dos novos horarios da alta velocidade con saída e chegada á Gudiña minguaron as súas opcións de viaxar, e por ende, os dereitos que outros cidadáns si conservan; teñen a oportunidade de participar este xoves nunha concentración pública na estación de ferrocarril Porta de Galicia co gallo de constituír unha plataforma cidadá, sen cores, que loite polo mantemento dos horarios suprimidos -e que entrarán en vigor o vindeiro 9 de xuño-, pola empresa pública Renfe.
O acto, que desta non será reivindicativo, está previsto para as 21:00 horas e del, os seus organizadores, que xa comezaron a convocar á cidadanía polas redes, pretenden designar un órgano xestor e un voceiro que coordinen as futuras accións da nova plataforma.