martes. 23.04.2024
BNG. NO SEIXO
Veciños de O Seixo.

Os residentes destes municipios manifestaranse na Veiga do Seixo o próximo día 24 ás 10.30 da mañá, en demanda de sinal móbil. 

Isto débese a que non recibiron resposta ás súas solicitudes de contar cunha cobertura telefónica digna, xa que carecen dun sistema comunicativo axeitado. Esta situación leva ós veciños da zona a acudir a puntos elevados para coller “un pouco de sinal, o que dificulta o día a día nas súas interaccións e mesmo lle supón un problema para acceder a servizos como o sanitario en caso de emerxencia”.

Grazas a unha subvención concedida no marco dun programa co Goberno central, a compañía Telefónica gañou o concurso para mellorar as comunicacións que beneficiarían a estes concellos. 

Esta entidade alega que “a veces hai algo de sinal” polo que se negan a colocar repetidores na zona; a pesar de que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) comprobara mediante unha visita que non hai cobertura. 

Os veciños do Seixo e a Veiga faranse oír este mércores