NOTICIAS VERÍN | Un pleno "máxico" no Concello de Vilardevós

FOTOS: Noelia Caseiro.
O rexedor de Vilardevós, Manuel Cardoso.
As súas maxestades, cos voluntarios de Protección Civil.
)

As súas maxestades, que contaron como paxes de excepción aos voluntarios da Agrupación de Protección Civil do Concello de Vilardevós; percorreron este mediodía as principais rúas da capitalidade municipal. 

Deixáronse ver en bares, supermercados, nas prazas e até no centro de día e residencia da vila. Polas rúas foron repartindo doces á cativada que saía ao seu paso. Cara as 12:00 horas achegáronse ata a Casa do Concello, onde o seu rexedor, Manuel Cardoso, lles abriu as portas de par en par para que accedesen ao salón de plenos. 

Alí repartiron regalos a todos os pequenos que se achegaron. Temos as imaxes do momento.