E a maxia dos Reis chamou ás portas do Riós, Vilardevós ou Laza

A cativada, desfrutando da chegada dos Reis Magos ao Concello do Riós.
Algúns pequenos tiveron a oportunidade de pedirlle directamente os regalos que seguro recibirían na noite máxica deste luns.
E do Riós, a Vilardevós, poida que pasando por Progo, quen sabe.
A rexedora, Eva María Pérez Gamote, acompañou ás SS.MM. ata a residencia de maiores da localidade.
Os maiores festexando o Día de Reis coas SS.MM.
Logo, a comitiva real percorreu as rúas de Vilardevós.
A cativada, e os seus pais, achegáronse á Praza do Cruceiro para darlle a benvida.
Non faltou a música da Escola Municipal de Gaitas do Concello de Vilardevós.
En Laza, a recepción tivo lugar no salón de actos dos baixos da Casa do Concello.
Aínda que as SS.MM. tamén se deixaron ver polas rúas lazanas.

A ilusión da infancia volveu ser protagonista coa chegada dos Reis Magos a O Riós, Vilardevós e Laza. Unha xornada chea de sorrisos, emocións compartidas e momentos únicos que encheron rúas e espazos públicos de maxia, facendo das tradicións un punto de encontro entre xeracións.

En O Riós, foi Eva María Barrio, a alcaldesa, quen lles deu a benvida a iso das catro da tarde deste luns. 

En Vilardevós, outra Eva, tamén rexedora -Pérez Gamote-, levounos da man ata a residencia de maiores, para logo achegárense todos xuntos á Praza do Cruceiro, onde agardaba ansiosa a cativada do municipio. 

En Laza, o percorrido polas rúas da capital lazana tivo como destino final o salón de actos da casa consitorial, onde se estableceu a recepción oficial das SS.MM.